ATL2521. Investigador/a en modelado e deseño de circuítos non lineais de microondas

Número de prazas:                            1

Tipo de contrato:                               Contrato por obra ou servizo

Xornada:                                              Parcial

Horas por semana:                            20

Data prevista de comezo:                01/09/2021 

Data de remate:                                 28/02/2022, con posibilidade de prórroga

Salario:                                                8.000 € – 10.000 €, en función do/a candidato/a

Lugar de traballo:                             E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Referencia do proxecto: PID2020-116569RB-C33/AEI/10.13039/501100011033

Funcións do posto

  • Deseño de dobladores de frecuencia e amplificadores de potencia para comunicacións na banda das microondas empregando ferramentas CAD
  • Montaxe e avaliación experimental de prototipos circuitais.
  • Extracción e avaliación de modelos non lineais de transistores de microondas.

Requirimentos

  • Título universitario Grao, Máster ou equivalente en Enxeñaría de Telecomunicacións, preferentemente especialización en sistemas de telecomunicación.
  • Manexo fluído en inglés (nivel mínimo B2).
  • Experiencia previa nas funcións do posto: no deseño de amplificadores de potencia e multiplicadores de frecuencia de microondas (en tecnoloxías híbridas e/ou monolíticas); simulación non liñal, xeración e optimización do layout empregando simulación electromagnética usando o simulador comercial Advanced Design System (ADS); montaxe e medida de prototipos, extracción e validación de modelos non liñais de transistores de microondas a partires de medidas.
  • Permiso de residencia en España.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (30%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

 Comité de Avaliación

  • Presidenta: Mónica Fernández Barciela. Profesora Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
  • Secretario: Fernando Isasi Vicente. Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
  • Vogal: Fernando Martín Rodríguez. Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.

Os/as interesados/as deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 20 de xullo de 2021 ás 21.00 CET.

Proposta definitiva de selección. ATL2521