ATL2621. Investigador/a Green Factory – Proxecto FACENDO 4.0

Esta oferta de traballo pertence ao proxecto FACENDO 4.0 que xestiona atlanTTic. Este proxecto ten algúns paquetes de traballo desenvolvidos por persoas que non son membros de atlanTTic. Polo tanto, atlanTTic só é responsable da publicación da oferta de traballo e dos procesos administrativos correspondentes. Calquera outra responsabilidade relacionada con esta oferta de traballo correrá a cargo do grupo de investigación ofertante.

Número de prazas:             1

Tipo de contrato:                Temporal

Xornada:                               Completa

Horas por semana:             40

Data prevista de comezo: 01/09/2021

Duración:                              4 meses

Remuneración:                    1.200 – 1.600 € brutos/mes, en función do CV do/a candidato/a

Lugar de traballo:                E.E. Industrial (GTE grupo), Universidade de Vigo e en liña

Funcións do posto:

A persoa candidata traballará no proxecto FACENDO 4.0 do Programa ‘Fábrica do Futuro, Fábrica Intelixente e Sostible da Industria 4.0’ da Axencia Galega de Innovación, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0_captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Desenvolverá as seguintes tarefas:

  • Avaliación da eficiencia enerxética.
  • Avaliación de solucións para a mellora da eficiencia.
  • Realizar investigacións e estudos in situ.
  • Proxecto de informes.

Requisitos:

  • Grado ou Máster en Enxeñaría Industrial (Mecánica, preferiblemente).
  • Español e/ou Inglés.
  • Habilidades de comunicación.
  • Experiencia previa en postos similares.
  • Sólido coñecemento en enxeñaría térmica, CAD, CFD (opcional).

Criterios de avaliación:

  • Experiencia Profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

O comité poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comité de Avaliación:

  • Presidente: Jacobo Porteiro Fresco (Investigador do GTE).
  • Secretario: David Patiño Vilas (Investigador do GTE).
  • Vogal: Miguel Ángel Gómez Rodríguez (Investigador do GTE).

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles a partir da publicación da listaxe provisoria de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 30 de xullo de 2021, 21.00 CET.

ATL2621 – Proposta definitiva de selección.