ATL2721. Técnico de desenvolvemento para a plataforma BeA

Número de prazas:             1

Tipo de contrato:                Temporal

Xornada:                               Parcial

Horas por semana:             20

Data prevista de comezo do contrato: 15/09/2021

Data de remate:                   15/12/2021, con posibilidade de prórroga

Remuneración:                    650€ – 800€ brutos/mes, en función da valía do/a candidato/a

Lugar de traballo:              E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto:

  • Realización de actividades de desenvolvemento e mantemento da plataforma BeA (Blended-e-Assessment).

Requisitos:

  • Titulación mínima requirida Bacharelato ou ciclo superior FP.
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación ou titulación equivalente, ou faltar o 15% dos créditos para a obtención do título.
  • Manexo fluído en inglés. Valorarase estudos ou estadías en centros estranxeiros.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Coñecemento de linguaxes de programación: Python, Java, C, C++.
  • Desenvolvemento de xogos e simulacións.
  • Capacidade para a elaboración de documentos técnicos.
  • Desenvolvemento de sistemas e-learning.

Criterios de avaliación:

  • Experiencia profesional (30%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá entrevistar ás persoas candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que ningunha persoa candidata cumpra os requisitos exixidos a praza poderá declararse deserta.

Comité de Avaliación:

  • Presidente: Martín Llamas Nistal.
  • Secretario: Manuel Caeiro Rodríguez.
  • Vogal: Fernando A. Mikic Fonte.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 18 de agosto de 2021 ás 21.00 CET

“Dado que ningún candidato/a presentado cumpre os mínimos esixidos, o tribunal acorda deixar deserta a praza”.