ATL2821. Investigador/a en sistemas de comunicación full-duplex

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 20/09/2021
Data de remate: 31/12/2021, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 16.000,00 € brutos/ano
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus de Vigo

Funcións do posto de traballo

  • A persoa contratada participará no desenvolvemento, análise e implementación hardware de algoritmos de procesado do sinal para sistemas de comunicacións full-duplex.

Requisitos

  • Grao ou Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.
  • Manexo en inglés.

Valorarase

  • Bo manexo da ferramenta matemática MATLAB.
  • Bos coñecementos de procesamento do sinal.
  • Bos coñecementos de comunicacións dixitais.
  • Manexo da ferramenta GNU Radio para Radio Definida por Software (SDR).

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (30%).
  • Formación (50%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que ningunha persoa candidata cumpra os requisitos esixidos a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidente: Roberto López Valcarce. Profesor Titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo.
  • Secretario: Carlos Mosquera Nartallo. Catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo.
  • Vogal: Pedro Comesaña Alfaro. Profesor Titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 27 de agosto de 2021 ás 21:00 CET.

ATL2821-Galego

ATL2821-Castelán

ATL2821-English