ATL2921. Persoal de apoio para o proxecto Aprende-II

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/10/2021
Data prevista de remate: 31/03/2022
Remuneración: até 1.550,00 € brutos/mes, en función da valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus de Vigo

Contratación de persoal de apoio para ao proxecto Aprende-II (CO-0020-2021) “Avaliación dunha estratexia formativa de microlearning para a mellora da adherencia terapéutica en pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal”.

Funcións do posto de traballo

  • Elaboración de vídeos e materiais audiovisuais.
  • Desenvolvemento de software dende o punto de vista da usabilidade e da UX.
  • Preparación de webs.
  • Tarefas de difusión de materiais propios do proxecto.
  • Tarefas de organización de eventos.

Requisitos

  • Estudios superiores finalizados en Enxeñaría de Telecomunicacións, Informática ou semellantes.
  • Nivel de inglés alto.
  • Capacidade para o desenvolvemento de vídeos e materiais audiovisuais.
  • Capacidade para o desenvolvemento de software. Valorarase experiencia en desenvolvemento de xogos serios, solucións para dispositivos móbiles, altofalantes intelixentes ou realidade virtual/aumentada.
  • Capacidade para a elaboración de documentos técnicos e materiais de divulgación.
  • Manexo de webs e ferramentas informáticas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Experiencia en proxectos semellantes.

Criterios de avaliación

  • Formación académica e experiencia en desenvolvemento de software (30%).
  • Experiencia en proxectos semellantes (20%).
  • Entrevista persoal (20%).
  • Coñecemento de idiomas (20%).
  • Outros méritos vinculados ao ámbito tecnolóxico (10%).

A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que ningunha persoa candidata cumpra os requisitos exixidos a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación
O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo coordinador do proxecto e dous dos docentes/ investigadores/as membros do mesmo:

    • Rebeca P. Díaz Redondo. Profesora titular. Departamento de Enxeñaría telemática. UVigo.
    • Ana Fernández Vilas. Profesora titular. Departamento de Enxeñaría telemática. UVigo.
    • Manuel Caeiro Rodríguez. Profesor contratado doutor. Departamento de Enxeñaría telemática. UVigo.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV e a documentación acreditativa correspondente dos méritos alegados á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 27 de agosto de 2021 ás 21.00 CET.

ATL2921-Galego

ATL2921-Castelán

ATL2921-English