ATL3021. Investigador/a en 5G Privado para o proxecto FACENDO 4.0

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/10/2021
Data prevista de remate: 31/12/2021, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 16.000 – 22.000 €, en función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus de Vigo

 

Funcións do posto de traballo

A persoa candidata traballará no proxecto FACENDO 4.0 do Programa ’Fábrica do Futuro, Fábrica Intelixente e Sostible da Industria 4.0‘ da Axencia Galega de Innovación, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0_captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Desenvolverá as seguintes tarefas:

  • Deseño e investigación en novas arquitecturas para redes privadas 5G nun contorno industrial (network slicing, edge computing, virtualización, dinamismo, acceso múltiple, orquestración, voz sobre 5G, redes sensibles ao tempo, computación virtualizada, etc.).
  • Xestión de proxectos.

Requisitos

  • Formación: Enxeñaría técnica en telecomunicación, Enxeñaría de telecomunicación ou similar.
  • Manexo fluído en inglés, español e galego.
  • Experiencia previa con redes 5G. Experiencia na instalación e uso de plataformas “edge computing” e no desenvolvemento de aplicacións, núcleo de rede 5G, orquestradores 5G, radio definida por software, redes de acceso 5G.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comité de avaliación

    • Presidente: Francisco Javier González Castaño.
    • Secretario: Felipe Gil Castiñeira.
    • Vogal: Pedro S. Rodríguez Hernández.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles a partir da publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 7 de setembro de 2021 ás 21.00 CET.

ATL3021- Galego

ATL3021- Castellano

ATL3021- English