ATL3121. Investigador/a Enxeñaría. Proxecto FACENDO 4.0

(*) Esta oferta de traballo pertence ao proxecto FACENDO 4.0 que xestiona atlanTTic. Este proxecto ten algúns paquetes de traballo desenvolvidos por persoas que non son membros de atlanTTic. Polo tanto, atlanTTic só é responsable da publicación da oferta de traballo e dos procesos administrativos correspondentes. Calquera outra responsabilidade relacionada con esta oferta de traballo correrá a cargo do grupo de investigación ofertante.
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 15/10/2021
Data prevista de remate: 31/12/2021, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 1.500 – 1.700 € brutos/mes en función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo 

Funcións do posto:

A persoa candidata traballará no proxecto FACENDO 4.0 do Programa ’Fábrica do Futuro, Fábrica Intelixente e Sostible da Industria 4.0‘ da Axencia Galega de Innovación, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0_captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Desenvolverá as seguintes tarefas:

  • Desenvolvemento e posta a punto de una unidade demostrador para o programa do proxecto.
  • Apoio a campaña de medidas: análise de datos.
  • Informará de maneira directa a o responsable do proxecto de acordo co programa de traballo e participará de maneira activa na xestión técnica do proxecto para tomar as decisións axeitadas ó desenrolo do mesmo.

Requisitos:

  • Grao en Enxeñaría Eléctrica, Electrónica Industrial e Automática ou Enerxía ou Máster en Enxeñaría Industrial.
  • Experiencia en programación en entorno Matlab.
  • Experiencia en programación e deseño hardware con dispositivos de baixo custo (Arduino…).
  • Coñecementos en sistemas eléctricos.

Criterios de avaliación:

  • Experiencia nos aspectos indicados en requisitos (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

O comité poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que ningunha persoa candidata cumpra os requisitos exixidos a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación:

  • Presidente: Camilo Carrillo González..
  • Secretario: Eloy Díaz Dorado.
  • Vogal: Enrique Casarejos Ruiz.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es , indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles a partir da publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 23 de setembro de 2021 ás 21:00 CET.

ATL3121- Galego

ATL3121- Castellano

ATL3121- English