ATL3221.nvestigador/a de apoio para o proxecto europeo Erasmus+ KA2

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data estimada de inicio do contrato: 01/11/2021
Duración do contrato: 6 meses con posibilidade de extensión
Remuneración: 1.400 euros brutos mensuais
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus de Vigo

 

Funcións do posto

  • Desenvolvemento de software para os diferentes Intellectual Outputs do
    proxecto.
  • Elaboración de materiais e informes propios da xestión do proxecto.
  • Tarefas de difusión de materiais propios do proxecto.

Requisitos

  • Estudos de grao finalizados en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación.
  • Nivel de inglés alto.
  • Capacidade para o desenvolvemento de software. Valorarase experiencia en desenvolvemento de aplicacións web, solucións para dispositivos móbiles (especialmente Android), solucións para persoas con necesidades especiais, realidade virtual/aumentada e procesado de linguaxe natural.
  • Capacidade para a elaboración de documentos técnicos e materiais de divulgación.
  • Manexo de webs e ferramentas informáticas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • Experiencia en proxectos semellantes.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional relevante (40%).
  • Formación académica (35%).
  • Entrevista (20%).
  • Coñecemento de idiomas (5%).

 Comi de avaliación

O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo coordinador do proxecto e dous dos docentes-investigadores membros do mesmo.

Os interesados deberán enviar o seu CV e documentación acreditativa dos méritos alegados ao enderezo kike@gti.uvigo.es indicando no asunto da mensaxe “contrato ALLURE”.

Data límite de recepción de candidaturas: 10 días naturais dende a publicación da oferta. Haberá un prazo de reclamacións de 3 días hábiles dende a publicados dos resultados provisionais.

O resultado da selección publicarase en forma de listado co candidato/a seleccionado/a e os candidatos/as en reserva.