ATL3321. Investigador/a en redes definidas por software e 5G Privado para o proxecto FACENDO 4.0

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 16/11/2021
Data prevista de remate: 31/12/2021, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 18.000 – 30.000 € brutos/ano, en función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo 

Funcións do posto de traballo

A persoa candidata traballará no proxecto FACENDO 4.0 do Programa Fábrica do Futuro, Fábrica Intelixente e Sostible da Industria 4.0 da Axencia Galega de Innovación, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0_captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Desenvolverá as seguintes tarefas:

  • Deseño e investigación en novas arquitecturas parar redes virtuais e privadas 5G nun contorno industrial (network slicing, edge computing, virtualización, dinamismo, acceso múltiple, orquestración, voz sobre 5G, redes sensibles ao tempo, computación virtualizada, etc.).
  • Deseño e investigación de redes virtualizadas con tecnoloxías SDN.
  • Deseño e investigación.
  • Xestión de proxecto.

Requisitos

  • Formación: Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, Enxeñaría en Telecomunicación ou similar.
  • Manexo fluído en inglés, español e galego.
  • Experiencia previa con redes 5G. Experiencia na instalación e uso de plataformas “edge computing” e no desenvolvemento de aplicacións, núcleo de rede 5G, orquestradores 5G, radio definida por software, redes de acceso 5G, redes SDN.
  • Experiencia en proxectos de investigación e académica no ámbito de 5G e SDN.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional e académica (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá entrevistar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

 Comi de avaliación

    • Presidente: Francisco Javier González Castaño.
  • Secretario: Felipe Gil Castiñeira.
  • Vogal: Pedro S. Rodríguez Hernández.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á direción rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles a partir da publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 4 de outubro de 2021 ás 21:00 CET.

ATL3321- Galego

ATL3321- Castellano

ATL3321- English

Proposta definitiva de selección. ATL3321