ATL3521. Enxeñeiro/a de desenvolvemento web

Número de prazas: 2
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2022
Data prevista de remate: 31/05/2022
Remuneración: 1.600 € brutos/mes
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo 

Funcións do posto de traballo

  • Desenvolvemento web (backend e frontend).

Requisitos

  • Licenciatura, preferentemente en áreas de Enxeñería de Telecomunicacións e Informática.
  • Inglés fluído.
  • Experiencia previa en desenvolvemento web (full stack).
  • Experiencia con ferramentas de desenvolvemento colaborativo e xestión de proxectos: Jira, Confluence, Git, Bitbucket, Trello, etc.
  • Coñecementos en arquitecturas de microservizos.
  • Coñecementos en ferramentas de cartografía interactiva (Google Maps, Mapbox, OpenStreetMaps…) e software de planificación/optimización.
  • Coñecementos en Python e JavaScript (a experiencia con Vue.js será particularmente apreciada).

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional e académica (40%).
  • Formación (30%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá convocar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha candidatura cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararase deserta.

 Comi de avaliación

  • Presidente: José Juan Pazos Arias, Catedrático de Universidade.
  • Secretario: Martín López Nores, Profesor Contratado Doutor.
  • Vogal: Alberto Gil Solla, Profesor Titular.

As persoas interesadas deberán enviar as súas candidaturas a rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 3 de novembro de 2021 ás 21:00 CET.