ATL3821. Investigador/a en sistemas radar e inversión electromagnética. Referencia ARCO2021_3

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2022
Duración estimada do contrato: 6 meses, prorrogables ata 3 anos
Remuneración: 23.192,28 € brutos anuais
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo 

A oferta enmárcase dentro do proxecto PID2020-113979RB-C22 financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033, «Proyectos de I+D+i», no marco dos Programas Estatales de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico del Sistema de I+D+i y de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad, do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020. Convocatoria 2020.

Funcións do posto de traballo

  • Desenvolvemento e implementación de códigos de inversión electromagnética baseados en Radar de Apertura Sintética.
  • Medidas de caracterización de sistemas radar.
  • Integración de sistemas de adquisición (captura e rexistro de datos) en laboratorio para aplicacións específicas vinculadas á medida de sinais de comunicación e radar.
  • Integración de sistemas de adquisición para medidas en campo baseado en sistemas embebidos.
  • Simulación electromagnética.

Requisitos

  • Título universitario de doutor/a, preferiblemente cun perfil en Enxeñaría de Telecomunicacións.
  • Manexo fluído en inglés.
  • Experiencia no desenvolvemento de software de procesado e simulación de datos electromagnéticos en MATLAB.
  • Coñecemento de sistemas embebidos baseados en microcontroladores e sistemas tipo Raspberry Pi/Arduino.
  • Programación en C, C++, Python, OpenCV.
  • Coñecementos sobre SDR.
  • Manexo de instrumentación básica (Osciloscopio, fontes de alimentación) e avanzada (Analizadores de espectro, analizadores de redes).
  • Experiencia en realización de test HW/SW sobre compoñentes individuais e de integración con outros elementos.
  • Experiencia con drones ou outros sistemas robóticos.
  • Coñecementos especializados de procesado de sinal.
  • Alta motivación e interese pola tecnoloxía.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV e unha carta de presentación (formato PDF, unha página completa como máximo) á dirección arco@com.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

O proceso selectivo consistirá na valoración do CV dos candidatos/as e, de ser necesario, nunha entrevista persoal. Este proceso será resolto por unha comisión formada polos responsables do proxecto.

Data límite de recepción de candidaturas: 29 de outubro de 2021 ás 21:00 CET.