ATL3921. Investigador/a en radar meteorolóxico

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2022
Duración estimada do contrato: 24/03/2022, con posibilidade de prórroga
Remuneración: En función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo 

Referencia do proxecto: GRC2019/026

Funcións do posto de traballo

  • Desenvolvemento de algoritmos radar para a detección de incendios forestais.

Requisitos

  • Título universitario, preferiblemente nivel Mestrado en Enxeñería de Telecomunicación.
  • Manexo fluído en inglés.
  • Experiencia previa nas funcións do posto.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá convocar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidenta: María Vera Isasa, Profesora Titular, Universidade de Vigo.
  • Secretaria: Verónica Santalla del Río, Profesora Titular, Universidade de Vigo.
  • Vogal: Manuel García Sánchez, Catedrático, Universidade de Vigo.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 10 de novembro de 2021 ás 21:00 CET.