ATL4021. Técnico/a de apoio para o proxecto VIE (Erasmus+)

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2022
Duración estimada do contrato: 3 meses, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 1.400€ brutos/mes
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo 

Referencia do proxecto: 2021-1-EE01-KA226-A280C010

Contratación de persoal de apoio para o proxecto Erasmus + “VIE: Virtual presence in Higher Education Hybrid Learning Delivery”.

Funcións do posto de traballo

  • Desenvolvemento de software e elaboración de materiais e informes de proxectos.
  • Difusión de materiais do proxecto.
  • Tarefas de organización de eventos.

Requisitos

  • Estudos superiores de Enxeñaría de Telecomunicación, Informática ou similares.
  • Nivel alto de inglés.
  • Capacidade para desenvolver software. Valorarase experiencia no desenvolvemento de xogos serios, solucións para dispositivos móbiles, altofalantes intelixentes ou realidade virtual/aumentada.
  • Capacidade para elaborar documentos técnicos e materiais de difusión.
  • Xestión de páxinas web e ferramentas informáticas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Experiencia na xestión de proxectos similares.

Criterios de avaliación

  • Formación académica e experiencia en desenvolvemento de software (40%).
  • Experiencia en xestión de proxectos similares (30%).
  • Coñecemento de idiomas (20%).
  • Outros méritos vinculados ao ámbito tecnolóxico (10%).

A comisión poderá convocar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

O proceso selectivo será resolto por unha comisión integrada polo coordinador do proxecto e dous dos seus membros profesores-investigadores.

  • Presidente: Manuel Caeiro Rodríguez.
  • Secretario: Fernando Ariel Mikic Fonte.
  • Vogal: Martín Llamas Nistal.

As persoas aspirantes deberán enviar o seu CV e a documentación xustificativa dos méritos alegados a rrhh@atlanttic.uvigo.es indicando no asunto do correo electrónico a seguinte referencia: Hiring offer VIE.

Establecerase un período de reclamacións de tres días hábiles dende a publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 12 de novembro de 2021 ás 21:00 CET