ATL4121. Científico/a junior de Machine Learning

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Parcial
Horas por semana: 20
Data prevista de comezo do contrato: 01/02/2022
Duración estimada do contrato: 30/06/2022, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 700€ brutos/mes
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo 

Referencia do proxecto:PID2020-116329GB-C21

Funcións do posto de traballo

  • Extracción e preparación de datos.
  • Programación matemática.
  • Asistencia no deseño algorítmico de machine learning.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría de Telecomunicacións ou similar, finalizada ou próxima a completarse.
  • Inglés técnico.
  • Habilidades avanzadas de programación matemática.
  • Bo coñecemento de machine learning.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (30%).
  • Formación (40%)..
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá convocar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

O proceso selectivo será resolto por unha comisión integrada polo coordinador do proxecto e dous dos seus membros profesores-investigadores.

  • Presidente: Francisco J. González Castaño.
  • Secretario: Juan Carlos Burguillo Rial.
  • Vogal: Enrique Costa Montenegro.

As persoas aspirantes deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 19 de novembro de 2021 ás 21:00 CET