ATL4221. Investigador/a Green Factory. Proxecto FACENDO 4.0

(*) Esta oferta de traballo pertence ao proxecto FACENDO 4.0 que xestiona atlanTTic. Este proxecto ten algúns paquetes de traballo desenvolvidos por persoas que non son membros de atlanTTic. Polo tanto, atlanTTic só é responsable da publicación da oferta de traballo e dos procesos administrativos correspondentes. Calquera outra responsabilidade relacionada con esta oferta de traballo correrá a cargo do grupo de investigación ofertante.
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2022
Duración: 6 meses
Remuneración: 1.200 – 1.600 € brutos/mes, en función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo 

Referencia: IN854A 2021/1

Funcións do posto:

  • Avaliación da eficiencia enerxética.
  • Avaliación de solucións para a mellora da eficiencia.
  • Realizar investigacións e estudos in situ.
  • Proxecto de informes.

Requisitos:

  • Grao ou Máster en Enxeñaría Industrial (Mecánica, preferiblemente).
  • Español e/ou inglés.
  • Habilidades de comunicación.
  • Experiencia previa en postos similares.
  • Sólido coñecemento en enxeñaría térmica, CAD, CFD (opcional).

Criterios de avaliación:

  • Experiencia Profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá convocar aos candidatos e candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación:

  • Presidente:
  • : Jacobo Porteiro Fresco (Investigador do GTE).
  • Secretario: David Patiño Vilas (Investigador do GTE).
  • Vogal: Miguel Ángel Gómez Rodríguez (Investigador do GTE).

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es , indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 23 de novembro de 2021 ás 21:00 CET.