ATL4421. Investigador/a. Proxecto UNCOVER

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 10/01/2022 (negociable)
Duración do contrato: 12 meses, con posibilidade de prórroga
Remuneración: ata 2.000 € brutos/mes, en función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: E..E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo e online

Referencia: H2020-SU-SEC-2020- 101021687

Funcións do posto:

A persoa candidata incorporarase ao Grupo de Procesado en Comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto europeo UNCOVER (uncoverproject.eu) como parte do equipo investigador. Desenvolverá e avaliará ferramentas forenses aplicadas a contidos multimedia dixitais para mellorar as prestacións de algoritmos de esteganálise. Así mesmo, será responsable das seguintes tarefas:

  • Estudo de diferentes métodos de análise forense aplicados a contidos multimedia para ser usados como ferramentas de pre-procesado en esquemas de esteganálise e así evitar o problema denominado “cover source mismatch”.
  • Xeración de bases de datos de contidos multimedia para avaliar o rendemento das ferramentas forenses.
  • Implementación das ferramentas forenses deseñadas ao longo do proxecto.
  • Validación experimental (tanto na fase de adestramento como na fase de proba) de devanditas ferramentas forenses en esquemas de esteganálise.
  • Xestión dos informes científico-técnicos: descrición das ferramentas deseñadas e dos resultados obtidos en revistas científicas e comunicacións en congresos.

Requisitos:

  • Grao en Enxeñería Eléctrica/Telecomunicación, Informática ou equivalente.
  • Coñecemento da programación en Python e/ou MATLAB.
  • Coñecemento do procesamento de imaxes/vídeos e bibliotecas de aprendizaxe automática, especialmente aqueles que se utilizan para adestrar e probar redes neuronais profundas.
  • O coñecemento e manexo de OpenCV, FFmpeg, Keras, TensorFlow e PyTorch valorarase de forma positiva.

Criterios de avaliación:

  • Formación (50%).
  • Experiencia profesional (20%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá convocar aos candidatos e candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

O comité configurará unha lista de agarda coas persoas que superen a puntuación que se fixe como mínima para seren consideradas aptas. No caso de que considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación:

  • Presidente: Fernando Pérez González, Catedrático da Universidade de Vigo.
  • Secretario: Pedro Comesaña Alfaro, Profesor Titular da Universidade de Vigo.
  • Vogal: David Vázquez Padín, Investigador Postdoc da Universidade de Vigo.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es , indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un período de reclamacións de tres días hábiles dende a publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 3 de decembro de 2021 ás 21:00 CET.

ATL4421 – Galego

ATL4421 – Castellano

ATL4421 – English