Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato por obra ou servizo |
Xornada: | Parcial |
Horas por semana: | 20 |
Data prevista de comezo do contrato: | 01/02/2022 |
Data de remate: | 31/07/2022, con posibilidade de prórroga |
Remuneración: | 700 euros, en función da valía do/a candidato/a |
Lugar de traballo: | E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo |
Referencia do proxecto: | COMPROMISE: Privacidad en Machine Learning Corporativo y Distribuido, sujeto a requisitos de rendimiento y eficacia (PID2020-113795RB-C33/ AEI/ 10.13039/501100011033) |
Funcións do posto de traballo
- A persoa seleccionada traballará no seo do grupo de investigación Information & Computing Lab (I&CLab). A súa función principal será a de deseñar e implementar algoritmia que permita a integración de tecnoloxías de Blockchain dentro de procesos de Federated Learning para IoT.
- Colaborará tamén na difusión dos resultados obtidos en foros de prestixio de ámbito internacional.
Requisitos
- Título universitario, preferiblemente en Enxeñaría de Telecomunicación ou titulación afín.
- Manexo fluído en inglés.
- Experiencia previa nalgunhas das funcións do posto.
- Bo coñecemento de ferramentas de programación en contornas de analítica de datos.
Criterios de avaliación
- Experiencia relevante para o posto (40%).
- Formación (40%).
- Entrevista (20%).
A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.
Comité de avaliación
- Presidenta: Rebeca P. Díaz Redondo (Profesora Titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo).
- Secretario: Manuel Fernández Veiga (Profesor Titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo).
- Vogal: Ana Fernández Vilas (Profesor Titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo).
As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe. Establecerase un período de reclamacións de tres días hábiles dende a publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.
Data límite de recepción de candidaturas: 30 de decembro de 2021 ás 21:00 CET.
Resolución
Proposta provisional de selección / Propuesta provisional de selección / Provisional selection proposal. Prazo de reclamacións: 10/01/2022
Proposta definitiva de selección / Propuesta definitiva de selección / Final selection proposal