ATL5021. Técnico/a en ciberseguridade

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Data prevista de comezo do contrato: 1/03/2022
Data de remate: 31/08/2022, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 15.000 € – 17.000 € en función da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto de traballo

  • Verificar e mellorar a seguridade de sitios web.
  • Colaborar no desenvolvemento de novas plataformas, ferramentas e servizos web.

Requisitos

  • Formación: graos no ámbito da informática ou enxeñaría de telecomunicación, ou másteres asociados (ciberseguridade, informática, enxeñaría de telecomunicación… ).
  • Manexo fluído de inglés técnico.
  • Experiencia demostrable con Clean Code e probas OWASP en entornos PHP/MySQL.
  • Valorarase o coñecemento de programación web con outras ferramentas (Python, en particular).

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidente: Ramón C. Hermida Domínguez, Catedrático de Universidade, Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, Universidade de Vigo.
  • Secretario: Artemio Mojón Ojea, Profesor Titular de Universidade, Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, Universidade de Vigo.
  • Vogal: José Ramón Fernández Bernárdez, Catedrático de Universidade, Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, Universidade de Vigo.

As persoas interesadas deberán enviar o Anexo II asinado e a documentación que se indica neste, á dirección personal@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 21 de xaneiro de 2022 ás 21:00 CET

Convocatoria completa

ANEXO I – Oferta

ANEXO II – Impreso de solicitude

Esta praza declárase deserta por non presentarse ningunha candidatura.