Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato por obra ou servizo |
Xornada: | Completa |
Data prevista de comezo do contrato: | 01/04/2022 |
Data de remate: | 30/09/2022, con posibilidade de prórroga |
Remuneración: | 16.800 € – 19.200 € en función da valía do/a candidato/a |
Lugar de traballo: | E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo |
Funcións do posto de traballo
- Desenvolvemento algorítmico en python tanto para procesamento de imaxes e vídeos como para aprendizaxe profunda.
Requisitos
- Formación: Grado ou Máster (preferible) nunha titulación con moita carga de programación e procesamento de sinais (Enxeñaría de Telecomunicación ou Informática e algunhas especialidades de enxeñaría industrial, física ou matemáticas).
- Manexo fluído nos seguintes linguaxes de programación: Python, Matlab, C++. Coñecementos de inglés a nivel B2.
- Experiencia valorable en procesamento de vídeo e imaxes, técnicas de aprendizaxe máquina, aprendizaxe profunda e librerías tipo TensorFlow, PyTorch, sklearn.
- Experiencia previa en traballo en equipo e proxectos colaborativos.
Criterios de avaliación
- Experiencia profesional (40%).
- Formación (40%).
- Entrevista (20%).
A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.
Comité de avaliación
- Presidente: José Luis Alba Castro, Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
- Secretaria: Carmen García Mateo, Catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
- Vogal: Laura Docío Fernández, Contratada doutora do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
As persoas interesadas deberán enviar o Anexo II asinado e a documentación que se indica neste, á dirección personal@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas: 4 de febreiro de 2022 ás 21:00 CET.
ANEXO II – Impreso de solicitude
Resolución
Listaxe definitiva de candidaturas admitidas e excluídas
Listaxe provisional de selección. Prazo de reclamacións: 4 de marzo de 2022