Conecta con atlanTTic
Temos boas novas! No Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, recuperamos este ano a presencialidade na nosa Xornada de Portas Abertas, ofrecéndovos a oportunidade de visitar e coñecer o que se fai no noso centro.
A xornada, enmarcada no programa de actividades de Divulgando Ciencia Singular, celebrarase o vindeiro venres 26 de novembro de 2021 pola tarde, en horario de 16.00 a 19.00 h., e é preciso inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas.
Programa
Durante a xornada #ConectaconatlanTTic, parte do persoal investigador do centro amosará a actividade que está a desenvolver en diversos ámbitos das telecomunicacións. Realizaranse demostracións, obradoiros e presentacións de proxectos para tentar achegar ao público, algunhas das nosas principais liñas de traballo dun xeito ameno:
- Redes de comunicación 5G.
- Comunicación ópticas.
- Aplicacións accesibles.
- Saúde dixital.
- Educación dixital.
- Patrimonio 4.0.
- Firma radar e infravermella.
- Observación da Terra.
- Nanosatélites.
- Lightboard.
- Recoñecemento de lingua de signos.
Ademais, aparte das demostracións e obradoiros, poderedes coñecer as nosas instalacións e visitar varios dos nosos laboratorios:
- Laboratorios de acústica.
- Laboratorio de seguimento de satélites.
- Laboratorio de medidas radioeléctricas.
Quendas da xornada
Estableceranse tres quendas, as cales nos permitirán organizar as visitas guiadas en grupos dun máximo de 10 persoas. No formulario de inscrición dámosvos a opción de seleccionar a quenda desexada.
1ª Quenda: de 16.00 a 17.00 horas.
2ª Quenda: de 17.00 a 18.00 horas.
3ª Quenda: de 18.00 a 19.00 horas.
*Importante: rógase respectar os horarios establecidos, para permitir cumprir coas limitacións de aforo.
agardámosvos o día 26 de novembro!
Como chegar
Dirección:
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
Rúa Maxwell s/n, Campus As Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
En transporte urbano:
U1 Lanzadeira Praza América
U2 Lanzadeira Praza España
L8
L15C