Universidade de Vigo

O festival de divulgación científica Pint of Science volve a ser protagonista nos bares de Vigo, entre outras localidades españolas, os días 22, 23 e 24 de maio na súa 8ª edición

Pint of Science 2023, o festival de divulgación científica que propón un encontro entre investigadores e investigadoras e o público nos bares, chega os días 22, 23 e 24 de maio para encher os bares do noso país e concretamente a Vigo con ciencia e experimentos. España sitúase como o segundo país con más participación del mundo celebrándose en 58 cidades españolas. Esta 8ª edición conta con un bar de Vigo que acollerá 6 charlas repartidas en 3 días, coa participación de 6 científicos e científicas como poñentes. É un evento totalmente gratuíto, o programa completo, con enderezos de bares, temáticas e horarios, xa se pode consultar na web https://pintofscience.es/.

►Científicos e científicas españolas enchen bares e cidades de ciencia

A edición 2023 do Festival de Divulgación Científica Pint of Science será a 8ª que acolla o noso país. Esta particular forma de comunicación da ciencia caracterízase por algo moi español, e é que os bares das nosas cidades se converten, durante eses tres días, en improvisados laboratorios que amosarán á clientela habitual e a tódalas persoas interesadas, os avances máis recentes da ciencia en España.

57 localidades repartidas por toda a xeografía darán o pistoletazo de saída á edición 2023 o próximo luns 22 de maio, celebrándose de maneira simultánea máis de 500 charlas divididas en 300 eventos de entrada totalmente gratuíta. “Ver crecer esta iniciativa, vivir a experiencia nos bares, a transformación do público, e contar con grandes poñentes, fan grande a Pint of Science e a todo os que forman parte del” afirma Ana Peña, responsable de comunicación da edición; “pensamos que o principal interesado é o público xeral, pero os científicos son os primeiros aos que lles ilusiona a iniciativa e mostran interese en contar o seu traballo, sendo protagonistas de levar a ciencia á sociedade”. Nunha linguaxe comprensible e próxima, o persoal investigador máis punteiro do panorama nacional falará sobre proxectos das áreas máis variadas, de Neurociencia a Astrofísica, de Medicina a Historia, de Supercomputación a Matemáticas, de Economía a Zooloxía.

O festival en Vigo tratará temas de actualidade como a intelixencia artificial ou as tecnoloxías fotónicas. Nos diferentes eventos desta edición haberá experimentos, demostracións en vivo, actividades e premios, que farán as charlas aínda máis amenas. O bar no que se realizarán as charlas será o Cañaveral (Porta do Sol, 6, Vigo).

Nesta edición participarán poñentes de centros de investigación, universidades e entidades da comunidade científica como o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic; o Centro de Investigación Mariña, CIM, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, CINTECX, todos eles pertencentes á Universidade de Vigo (UVigo), ou a Universidade do Minho (Portugal). Entre os e as poñentes protagonistas: José Lorenzo Alonso Gómez coa súa charla “¿Moléculas quirales para H2 verde?”, Paloma Morán Martínez con “El viaje del salmón y cómo podemos protegerlo” ou Felipe Gómez Cuba con “Chocolate, wifi e buracos negros”. O programa completo xa se pode consultar na web https://pintofscience.es/events/vigo.

► Pint of Science no mundo

Son 26 os países que este ano compoñen o gran equipo encargado de encher bares e locais coa investigación científica máis actual do Planeta Terra. Os compañeiros australianos serán os primeiros en abrir a persiana dos bares e en brindar polo coñecemento e a súa correcta divulgación. Con eles e co resto de países anfitrións, comezará un maratón de 3 días de ciencia e bares.

► Un ano máis, Pint of Science é unha realidade

Pint of Science naceu en maio de 2013 en Reino Unido, cando dos investigadores: Michael Mostkin e Praveen Paul organizaron un evento nos seus laboratorios co fin de mostrar a investigación que realizaban as persoas afectadas por distintas enfermidades mentais. Eles mesmos comprobaron a gran repercusión que tivo neses pacientes, e así pensaron, si a xente vai á ciencia… por que non levar a ciencia ao lugar onde está a xente? Os bares. Pouco se imaxinaban que uns anos despois, este ben chamado festival, daría a volta ó mundo.

Ademais, PoS 2023 non sería posible sen a colaboración de organizacións que patrocinan o festival e que facilitan que sexa gratuíto como FMC Agricultural Solutions e Vadillo Asesores a nivel nacional.

 Os días 22, 23 e 24 de maio bríndase cos científicos pola ciencia e a súa divulgación!