No ano 1998, nace HEMCUVE, como resposta ao encargo que a empresa NAVANTIA fai ao grupo COM de realizar un estudo de compatibilidade electromagnética e interferencias en sistemas radiantes a bordo de buques. Desde entón os esforzos do grupo centráronse en evolucionar esta ferramenta software para conseguir a análise rigorosa e exacta de problemas electromagnéticos arbitrarios. Na actualidade HEMCUVE++, Hybrid ElectroMagnetic Code Univeristy of Vigo and Estremadura, é unha ferramenta complexa baseada no Método dos Momentos, que utiliza técnicas de aceleración espectral (FMM e FMM-FFT) e que explota os recursos dispoñibles nos supercomputadores actuais para resolver problemas de simulación electromagnética inabordable por calquera outro método.