Data estimada de inicio do contrato: abril de 2021

Duración do contrato: 12 meses

Tipo de contrato: Tempo parcial (20 horas semanais)

Salario: 700 € brutos mensuais

Lugar de traballo: Facultade de Historia, Campus de Ourense, Universidade de Vigo

Funcións de traballo:

  • Estudio de bens patrimoniais no ámbito rural do noroeste da Península Ibérica.
  • Asistencia en estudos de perfís de peregrinos / turistas.
  • Documentación do patrimonio literario.
  • Elaboración de narrativas multimedia.

Requisitos:

  • Licenciatura/ Grao en Historia, Grao en Xeografía e Historia, Licenciatura/Grao en Historia da Arte, Licenciatura/Grao en Xeografía.
  • Nivel de inglés: B1 ou superior.
  • Experiencia previa en desenvolvemento patrimonial en áreas rurais (especialmente patrimonio literario).
  • Experiencia en traballo colaborativo e desenvolvemento e xestión de proxectos relacionados co patrimonio cultural de zonas rurais.
  • Coñecemento de bases de datos de información xeorreferenciada e tecnoloxías web.

Criterios de avaliación:

  • Experiencia (40%)
  • Capacitación (30%)
  • Entrevista (30%)

O comité seleccionará ao menos 3 persoas para realizar entrevistas, en persoa o por teleconferencia.

Comité de Avaliación:

  • Presidenta: Susana Reboreda Morillo, Profesora Titular.
  • Secretario: José Juan Pazos Arias, Catedrático.
  • Membro: Martín López Nores, Profesor Contratado Doutor.

Os candidatos deberán enviar o seu currículo a rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite para a recepción de solicitudes: 19 de febreiro de 2021, 21:00 CET.