Tipo de contrato: Contrato por obra

Xornada completa

Postos dispoñibles: 2

Data prevista de comezo do contrato: 10/03/2021

Data de remate: 31/12/2021, con posibilidade de prórroga

Salario Bruto Anual: 15.000 – 18.000 Euros, en función da valía do candidato/a

Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

  • Deseño e implementación de arquitecturas de comunicacións distribuídas de redes 5G e redes avanzadas para a análise de información xerada por sensores intelixentes.
  • Deseño e implementación de protocolos de descubrimento e monitorización de dispositivos.
  • Deseño de mecanismos de orquestración de aplicacións distribuídas, partindo dos propostos no marco das redes de comunicación 5G para o procesamento de datos xerados por sensores.

Requisitos

  • Título universitario de grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación ou mestrado universitario en Enxeñaría de Telecomunicación.
  • Manexo fluído en inglés.
  • Experiencia en advanced networking.
  • Experiencia previa nas funcións do posto: tecnoloxías relevantes, participación en proxectos de investigación.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%)
  • Formación (40%)
  • Entrevista (20%)

A comisión poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. Os candidatos deben estar dispoñibles para a súa incorporación como máximo no prazo dun mes dende a data prevista de inicio do contrato.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Francisco J. González Castaño, Catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Secretario: Felipe Gil Castiñeira, Profesor Titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Vogal: Pedro S. Rodríguez Hernández, Profesor Titular de Universidade de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 17 de febreiro de 2021 ás 21:00 CET