Data de comezo: 01/03/2021 (data estimada)

Duración: ata o 30/09/2021, con posibilidade de prórroga

Remuneración: 700-1,000 Euros (bruto/mes) 25 horas/semana

Lugar de traballo: EE. de Telecomunicación, Universidade de Vigo e remoto

Funcións do posto:

Deseño e desenvolvemento de novas solucións TIC para apoiar HCI (Human-Computer Interfaces) amigables coas persoas maiores no ámbito da e-Saúde. A tarefa fundamental a realizar consiste no desenvolvemento de axentes intelixentes de software usando Machine Learning para crear contornas de atención médica baseadas en IA. A análise de grandes cantidades de datos para extraer información implícita tamén é parte do traballo a desenvolver. 

Requisitos:

  • Estudante do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (4º curso), Rama de Telemática (en curso ou rematado).
  • Dominio de inglés.
  • Bo expediente académico.
  • Habilidades de programación. 
  • Interese na investigación en informática /Intelixencia artificial/ Big Data.

Criterios de valoración:

  • Expediente académico (50%)
  • Máster en Enxeñaría de Telecomunicación en curso ou finalizado (20%)
  • Entrevista (30%)

O comité de selección poderá convocar aos mellores candidatos/as para unha entrevista presencial ou online. 

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Manuel J. Fernández Iglesias.
  • Secretario: Luis E. Anido Rifón.
  • Vogal: Martín Llamas Nistal.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 21 de febreiro de 2021 ás 21:00 CET.

  • Tendo comunicado o único candidato a súa renuncia a ocupar o posto de traballo ofertado, declárase deserta a praza ofertada.