Número de prazas: 1

Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo

Xornada: Parcial

Horas por semana: 20h/sem

Data prevista de comezo do contrato: 16/03/2021

Data prevista de remate: 15/09/2021 , con posibilidade de prórroga

Remuneración: 800€ brutos/mes

Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto de traballo

No contexto do proxecto ELE financiado pola Comisión Europea (PPPA-LANGEQ-2020), o Grupo de Investigación Multimedia (GTM), integrado no Centro de Investigación atlanTTic, busca contratar un enxeñeiro para realizar investigacións sobre tecnoloxías da multilinguaxe. A persoa seleccionada contribuirá ás tarefas principais do proxecto:

  • O estudo do estado da arte na tecnoloxía da fala e da linguaxe para o galego
  • O desenvolvemento dunha axenda estratéxica de investigación, innovación e despregamento para lograr a igualdade das linguas dixitais en Europa para o 2030
  • Creación dunha plataforma europea de LT para compartir servizos

Requisitos

  • Titulación universitaria en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Perfil educativo adecuado para estar matriculado como doutorando no programa de doutoramento DocTIC
  • Experiencia no desenvolvemento de tecnoloxía para a linguaxe
  • Boas habilidades de programación
  • Boas habilidades comunicativas, persoa altamente motivada e capaz de traballar nun equipocientífico
  • Boas habilidades en inglés

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista (30%)

A comisión poderá entrevistar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comité de avaliación

  • Presidenta: Carmen García Mateo, catedrática. Dto de teoría do sinal e comunicacións. Universidade de Vigo
  • Secretario: Laura Docío Fernández, profesora contratada doutora. Dto de teoría do sinal e comunicacións. Universidade de Vigo
  • Vogal: José Luis Alba Castro, catedrático. Dto de teoría do sinal e comunicacións. Universidade de Vigo

Os interesados deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 03 de marzo de 2021 ás 21:00 CET.

Finalizado o período de presentación das solicitudes, publicarase unha listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na web do centro atlanTTic (https://atlanttic.uvigo.es). Abrirase un prazo de 3 días para subsanar os erros e enviar a documentación necesaria. Transcurrido o período de subsanación, elaborarase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

A Comisión de Selección que valorará os méritos presentados polos aspirantes, estará composta por persoal investigador que participe no proxecto. Completado o proceso de selección, notificaranse os resultados provisionais coa relación de puntuación das persoas candidatas seleccionadas, establecendo un período de reclamación de 3 días. Vistas as reclamacións ou transcurrido o prazo sen que se presentase ningunha, a Comisión de Selección notificará os resultados definitivos. As listaxes provisionais e definitivas que se elaboren durante o proceso de selección publicarase na web do centro de investigación atlanTTic. A Comisión de Selección, se o considera oportuno, poderá configurar unha listaxe de espera cos aspirantes con mellor puntuación para atender as posibles necesidades derivadas do proxecto. En caso de evidenciarse a inadecuación dos méritos dos aspirantes ao perfil obxecto da convocatoria, a Comisión de Selección poderá declarar deserta de forma motivada a convocatoria de selección.