Data prevista de inicio: 15/03/2021

Duración: 4 meses

Tipo de contrato: Xornada completa (40 horas semanais)

Remuneración: en función da experiencia e valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo

Funcións:

A oferta enmárcase dentro dun proxecto Ignicia da Xunta de Galicia concedido á Universidade de Vigo. O obxectivo final é a creación de produtos relacionados con uso de drons en aplicacións relacionadas con imaxes radar. O/a candidato/a integrarase inmediatamente no grupo de investigación que está desenvolvendo ditos sistemas. En función dos resultados obtidos existe a posibilidade de que o/a candidato/a pase a formar parte dun cadro de persoal dunha spin-off que está planificado crear.

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán entre outras:

  • Integración de sistemas hardware en vehículos non tripulados.
  • Desenvolvemento de sistemas de visualización de imaxes.
  • Soporte durante a realización de probas de campo cos sistemas desenvoltos.

Requisitos:

  • Formación: Grao en Enxeñaría de Telecomunicación ou similar.
  • Inglés: Dominio oral e escrito. Polo menos nivel B2.
  • Outros:
    • Deseño Hardware-Software de sistemas embebidos baseados en microcontroladores e sistemas tipo Raspberry Pi/Arduino.
    • Programación en C, C++, Python, OpenCV.
    • Manexo de instrumentación básica (Osciloscopio, fontes de alimentación) e avanzada (Analizadores de espectro, analizadores de redes).
    • Experiencia en realización de tests HW/SW sobre compoñentes individuales e de integración con outros elementos.
    • Experiencia con drons ou outros sistemas robóticos.
    • Valorarase o manexo de ferramentas de deseño electrónico asistido por ordenador e de elementos mecánicos sinxelos.
    • Alta motivación e interese pola tecnoloxía.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV, unha carta de presentación (formato PDF, unha páxina completa como máximo), á dirección radiouav@com.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe (Referencia: ARCO2021_1).

Data límite de recepción de candidaturas: 1 de marzo de 2021.