Número de prazas: 1

Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo

Xornada: Completa

Horas por semana: 40

Data prevista de comezo do contrato: 01/06/2021 (negociable)

Duración do contrato: 12 meses, con posibilidade de prórroga ata un máximo de 3 anos

Remuneración: até 2.200 € brutos, en función da valía do candidato/a

Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto de traballo

A persoa candidata incorporarase ao grupo de procesamento de comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto europeo UNCOVER como parte do equipo de investigación. Desenvolverá e avaliará ferramentas forenses aplicadas a contidos dixitais multimedia para mellorar o rendemento dos algoritmos de esteganálise. Así mesmo, será responsable das seguintes tarefas:

  • Analizar diferentes algoritmos de análise forense baseados na aprendizaxe automática para empregalos como ferramentas de pre-procesamento en diferentes esquemas de esteganálise.
  • Avaliar o rendemento das ferramentas desenvolvidas: contribuíndo tanto á xeración de bases de datos como á avaliación das diferentes ferramentas deseñadas.
  • Presentar as ferramentas deseñadas e os resultados obtidos en congresos e / ou en revistas científicas.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría Eléctrica, de Telecomunicacións ou similar.
  • Bo dominio do idioma inglés.
  • Boas habilidades de programación en Python e / ou MATLAB.
  • Coñecemento do procesamento de imaxes / vídeos e bibliotecas de aprendizaxe automática, especialmente aqueles que se utilizan para adestrar e probar redes neuronais profundas.

Valorarase de forma positiva o coñecemento e manexo das librerías OpenCV e FFmpeg.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (50%).
  • Formación (20%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá entrevistar ás persoas candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comité de avaliación

  • Presidente: Fernando Pérez González (Catedrático da Universidade de Vigo).
  • Secretario: Pedro Comesaña Alfaro (Profesor Titular da Universidade de Vigo).
  • Vogal: Carlos Mosquera Nartallo (Catedrático da Universidade de Vigo).

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles a partir da publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 3 de maio de 2021 ás 21:00 CET

“Non acadando ningunha das persoas candidatas a calificación mínima requerida o tribunal acorda que a praza ATL1321 quede deserta”.