Número de prazas: 1

Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo

Xornada: Completa

Horas por semana: 40

Data prevista de comezo do contrato: 01/06/2021

Data de remate: 12 meses (prorrogable a un máximo de 3 anos)

Remuneración: até 1.800 € brutos/mes, en función da valía do candidato/a

Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto de traballo

A persoa candidata incorporarase ao grupo de procesamento de comunicacións (GPSC, gpsc.uvigo.es) para traballar no proxecto europeo UNCOVER como parte do equipo de investigación. Desenvolverá e avaliará ferramentas forenses aplicadas a contidos dixitais multimedia para mellorar o rendemento dos algoritmos de esteganálise. Así mesmo, será responsable das seguintes tarefas:

  • Xeración de bases de datos de contidos multimedia para avaliar o rendemento das ferramentas forenses.
  • Implementación das ferramentas forenses deseñadas ao longo do proxecto.
  • Validación experimental (tanto na fase de adestramento como na fase de proba) das devanditas ferramentas forenses en esquemas de esteganálise.

Requisitos

  • Grao en Enxeñeria Eléctrica, Telecomunicacións ou equivalente.
  • Coñecemento da programación en Python e / ou MATLAB.
  • Coñecemento do procesamento de imaxes / vídeos e bibliotecas de aprendizaxe automática, especialmente aqueles que se utilizan para adestrar e probar redes neuronais pro

Valorarase positivamente o coñecemento das bibliotecas: OpenCV, FFmpeg, Keras, TensorFlow e PyTorch. 

Criterios de avaliación

  • Formación (50%).
  • Experiencia profesional (20%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá entrevistar ás persoas candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comité de avaliación:

  • Presidente: Fernando Pérez González (Catedrático da Universidade de Vigo).
  • Secretario: Pedro Comesaña Alfaro (Profesor Titular da Universidade de Vigo).
  • Vogal: Carlos Mosquera Nartallo (Catedrático da Universidade de Vigo).

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles a partir da publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 3 de maio de 2021 ás 21:00 CET.

A praza queda deserta por renuncia do candidato proposto.