atlanTTic, beneficiario por resolución do 13 de novembro de 2019 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, convoca a selección dunha praza:

Tipo de contrato: Contrato por obra

Data prevista de comezo do contrato: 01/07/2021

Data de remate: 31/10/2021, con posibilidade de prórroga

Salario Bruto Anual: 16.000–21.000 EUR, en función do/a candidato/a

Lugar de traballo: Servizos centrais de atlanTTic, E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

  • Caracterización de dispositivos fotónicos integrados (PICs) en tecnoloxías de InP, SiN e Si.
  • Deseño e simulación de circuitos fotónicos integrados en ditas tecnoloxías.

Requisitos

  • Título universitario de Grao en Enxeñaría de Telecomunicación.
  • Coñecementos de fotónica e fotónica integrada.
  • Experiencia mínima de 3 anos nas seguintes áreas:
    • Deseño e simulación de PICs utilizando ferramentas de deseño e layout (Lumerical, VPI, Nazca, RSoft, CST).
    • Caracterización de PICs e optimización de dispositivos combinados con dispositivos electrónicos.
  • Nivel alto de inglés escrito e oral.
  • Programación en Python e Matlab.
  • Predisposición para o traballo en grupo dentro dun equipo multidisciplinar.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%),
  • Formación (30%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá entrevistar aquelas candidaturas coa mellor puntuación, así como deixar a praza deserta se ningún candidato/a supera os 35 puntos nos apartados de experiencia profesional e formación.

Comisión de avaliación

  • Presidente: José Óscar Rubiños López.
  • Secretario: Francisco J. Díaz Otero.
  • Vogal: Francisco Javier Fraile Peláez.

As persoas interesadas deberán enviar o Anexo II asinado e a documentación que se indica neste á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 24 de maio ás 21:00 CET.

Convocatoria completa (obrigada lectura)

Anexo I (perfil e requisitos de acceso)

Anexo II (formulario de solicitude)