Funcións do posto:

Buscamos unha persoa apaixoNada pola tecnoloxía, a internet das cousas e este interesada no desenvolvemento e implementación de solucións para sistemas embebidos.

O proxecto ao cal se incorporará conta cun alto nivel tecnolóxico no que se integran multitude de tecnoloxías de campos tan diversos como o RF, wired networking, audio, vídeo, sensorización, redes neuronais, … e permitirá o contacto cunha ampla variedade de hardware, o que o convirte nunha proposta moi atractiva para unha persoa con inquietude polas novas tecnoloxías.

Entre outras, levará a cabo as seguintes tarefas:

  • Desenvolvemento de software embebido sobre plataformas GNU/Linux e FreeRTOS
  • Documentación

Requisitos

  • Título universitario en Enxeñería de Telecomunicación, titulación equivalente ou estudante de último curso con posibilidade de dedicación a tempo completo.
  • Experiencia demostrable en linguaxes de programación de alto e baixo nivel, especialmente C e Python. Valoraranse coñecementos doutras linguaxes coma Go e Rust. Sería desexable coñecementos para o desenvolvemento de aplicacións sobre Android.
  • Coñecementos de sistemas embebidos, como por exemplo ecosistema Arduino ou Raspberry Pi.
  • O candidato debe estar familiarizado coa interface de liña de comandos de entornas GNU/Linux.
  • Nivel alto de inglés.

Que se ofrece

  • Salario: de acordo coa valía do candidato
  • Contrato a tempo completo
  • Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo
  • Data prevista de incorporación: setembro de 2019

Criterios de avaliación

  • Nivel da titulación e afinidade coa Enxeñería de Telecomunicación
  • Experiencia previa en actividades de investigación e desenvolvemento nas áreas descritas na oferta.
  • Capacidade de comunicación, tanto oral como escrita, en inglés e castelán.
  • Entrevista: aqueles candidatos preseleccionados serán entrevistados presencialmente.

Os interesados deben enviar o seu CV, á dirección arco@com.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe (Referencia: ARCO_1904).

Data límite de recepción de candidaturas: 5 de xullo de 2019. Máis información na web https://com.uvigo.es/