Data prevista de comezo do contrato: abril 2020
Duración: ata 12/10/2020, con posibilidade de prórroga ata 30/09/2022
Tipo de contrato: Xornada partida, 20 horas/semanais
Remuneración: entre 1.000 – 1.200 Euros brutos/mensuais dependendo da valía do candidato
Lugar de traballo: Escola de enxeñería Aeronáutica e do Espazo, Campus de Ourense

Funcións:

A persoa seleccionada traballará como enxeñeiro junior nas seguintes tarefas:

  • Deseño mecánico da plataforma CubeSat e dispositivo WET de transferencia de enerxía
  • Desenvolvemento de modelos CAD
  • Análises térmicos
  • Modelación térmica de pequenas palataformas e dispositivos WET
  • Simulacións de modelos mecánicos en diferentes escenarios
  • Deseño e desenvolvemento da campaña de probas

Requisitos:

  • Licenciado en Enxeñería Aeroespacial ou estudante con menos de 40 ECTS pendentes
  • Inglés e español fluído
  • Curso de modelación CAD
  • Experiencia en simulación de modelos

Criterios de valoración:

  • Experiencia profesional (ata 30 puntos)
  • Curriculum (ata 30 puntos)
  • Entrevista persoal(ata 40 puntos)

A comisión podería convocar a un ou máis candidatos para unha entrevista persoal física ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Fernando Aguado Agelet, profesor asociado de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Fermín Navarro Medina, profesor visitante na Facultade de Aeroespacial da Universidade de Vigo
  • Vogal: Carlos Ulloa Sande, profesor na Facultade de Aeroespacial da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 19 de marzo de 2020 ás 21:00 CET