Data prevista de comezo do contrato: abril 2020
Duración: ata 12/10/2020, con posibilidade de prórroga ata 30/09/2022
Tipo de contrato: Xornada partida, 20 horas/semanais
Remuneración: entre 1.000 – 1.200 Euros brutos/mensuais dependendo da valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

A persoa seleccionada traballará como investigador junior no grupo aeroespacial da Universidade de Vigo, dentro da liña de investigación de enxeñería de sistemas no proxecto titulado “Innovative Wireless Power Devices Using Micro-Thermoelectric Generators arrays (WiPTherm)” dentro do programa H2020-FETOPEN.

Funcións:

A persoa seleccionada traballará como enxeñeiro junior nas seguintes tarefas:

  • Requisitos de sistema para o dispositivo inalámbrico de transferencia de enerxía (WET)
  • Desenvolvemento e adaptación no eido da enxeñería de sistemas baseados en modelos
  • Apoio nas actividades AIV, incluíndo a definición e os procedementos de probas térmicas e vibracións

Requisitos:

  • Licenciado en Enxeñería de Telecomunicacións ou estudante con menos de 40 ECTS pendentes
  • Inglés e español fluído (mínimo B2)
  • Experiencia no deseño de antenas e software de modelado RF
  • Experiencia en programación Python e Matlab
  • Coñecementos de enxeñería de sistemas e MBSE, incluído o linguaxe de modelado SysML
  • Coñecementos dos estándares de especificación de CubeSat
  • Coñecementos dos estándares ECSS

Criterios de valoración:

  • Experiencia (ata 30 puntos)
  • Formación (ata 30 puntos)
  • Entrevista persoal(ata 40 puntos)

A comisión podería convocar a un ou máis candidatos para unha entrevista persoal física ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Fernando Aguado Agelet, profesor asociado de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Fermín Navarro Medina, profesor visitante na Facultade de Aeroespacial da Universidade de Vigo
  • Vogal: Carlos Ulloa Sande, profesor na Facultade de Aeroespacial da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 19 de marzo de 2020 ás 21:00 CET