Data prevista de comezo do contrato: xuño 2020
Duración: ata decembro 2020, con posibilidade de prórroga
Tipo de contrato: Xornada completa, 40 horas/semanais
Salario bruto anual: 20.400 euros
Lugar de traballo: E. E. Telecomunicacións, Universidade de Vigo

Funcións do posto:

A persoa contratada participará no desenvolvemento, análise e implementación hardware de algoritmosde procesado do sinal para sistemas de comunicacións full-duplex con cancelación activa de auto-interferencia.

Requisitos:

  • Enxeñeiro en Telecomunicacións
  • Experiencia en programación de FPGAs, GNURadio, LabVIEW
  • Experiencia en desenvolvemento hardware para comunicacións
  • Manexo en inglés

Valorarase:

  • Manexo da ferramenta matemática Matlab
  • Coñecementos de comunicacións dixitais
  • Coñecementos de procesado de sinal

Criterios de valoración:

  • Experiencia relevante para o posto (50%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista (20%)

A comisión poderá entrevistar aqueles candidatos que acaden un mínimo de 40 puntos nos outros apartados.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Roberto López Valcarce, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Carlos Mosquera Nartallo, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Pedro Comesaña Alfaro, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 14 de maio de 2020 ás 21:00 CET