Tipo de contrato: contrato por obra
Duración estimada: 6 meses con posibilidade de extensión ata finais do proxecto (xuño 2021)
Data estimada do inicio do contrato: 6 de xullo de 2020
Retribución: 1.400 euros brutos mensuais
Xornada: a tempo completo (40 horas semanais)
Lugar de traballo: Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende

Contratación de persoal de apoio para o proxecto Erasmus+ “HERA: Higher education re-engineering through active learning for growth” (Agreement number: 2019-1-EL01-KA203-062952)

Traballo a realizar:

  • Desenvolvemento de software e elaboración de materiais e informes propios da xestión do proxecto
  • Tarefas de difusión de materiais propios do proxecto
  • Tarefas de organización de eventos

Requisitos:

  • Estudos superiores finalizados en Enxeñería de Telecomunicacións, Informática ou semellantes
  • Nivel de inglés alto
  • Capacidade para o desenvolvemento de software. Valorarase experiencia en desenvolvemento de xogos serios, solucións para dispositivos móviles, altavoces intelixentes ou realidade virtual/auentada
  • Capacidade para a elaboración de documentos técnicos e materiais de divulgación
  • Manexo de webs e ferramentas informáticas
  • Capacidade de traballo en equipo
  • Experiencia na xestión de proxectos semellantes

Proceso de selección:

Realizarase segundo o CV actualizado en base a:

  • Formación académica e experiencia en desenvolvemento de software (40%)
  • Experiencia na xestión de proxectos semellantes (30%)
  • Coñecemento de idiomas (20%)
  • Outros méritos vinculados ao ámbito tecnolóxico (10%)

Deberase aportarse a documentación acreditativa correspondente, de non aportarse, non se terá en conta na valoración.

Comisión de Avaliación:

O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo coordinador do proxecto e dous dos docentes-investigadores membros do mesmo.

Os interesados deberán enviar o seu CV e documentación acreditativa dos méritos alegados ao enderezo mcaeiro@det.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 10 días dende a publicación da oferta (ata o 14 de xuño de 2020 ás 21:00 CET)

Haberá un prazo de reclamacións de 3 días hábiles dende a publicados dos reulstados provisionais.

O resultado da selección publicarase en forma de listado co candidato/a seleccionado/a e os candidatos/as en reserva.