Numero de prazas: 3
Tipo de contrato: contrato por obra
Data prevista de comezo do contrato: xullo de 2020
Data de remate: decembro de 2020 con posibilidade de prórroga
Retribución: 16.000 – 22.000 euros brutos anuais, dependendo da valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende

Funcións do posto:

  • Deseño e implementación de arquitecturas de cómputo distribuídas (“fog“, “edge” e “cloud computing“) sobre as arquitecturas 5G e máis aló
  • Deseño e implementación de protocolos de descubrimento, auto configuración e comunicación directa
  • Deseño e implementación de mecanismos de intelixencia artificial en sistemas integrados
  • Deseño de mecanismos de orquestración de aplicacións distribuídas, partindo dos propostos no marco das redes de comunicación 5G

Requisitos:

  • Título universitario de Grao en Enxeñaría de Telecomunicación ou mestrado universitario en Enxeñería de Telecomunicación
  • Manexo fluído en inglés
  • Experiencia en 5G
  • Experiencia previa nas funcións do posto: tecnoloxías relevantes, participación en proxectos de investigación

Criterios de valoración:

  • Experiencia profesional (50%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista persoal (20%)

A comisión poderá entrevistar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista persoal presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Francisco J. González Castaño, catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Secretario: Felipe Gil Castiñeira, profesor titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Vogal: Pedro S. Rodríguez Hernández, profesor titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 17 de xuño de 2020 ás 12:00 CET