Data prevista de comezo do contrato: 01/10/2020
Data de remate: decembro de 2020 con posibilidade de prórroga
Duración da xornada: 20 horas semanais
Retribución bruta mensual: 700 Euros
Lugar de traballo: Universidade de Vigo, Campus Lagoas-Marcosende

Funcións do posto:

A persoa seleccionada traballará como analista de datos no seo do grupo de investigación Information&Computing Lab. A súa función principal será a de deseñar e implementar algoritmos de análise nos campos de traballo de grupo de investigación (smart grid, smart cities and social ties). Colaborará tamén na difusión dos resultados obtidos en foros de prestixio de ámbito internacional.

Requisitos:

  • Título universitario, preferiblemente en Enxeñería de Telecomunicación ou titulación afín
  • Manexo fluído en inglés
  • Experiencia previa nalgunha das funcións do posto
  • Bo coñecemento de ferramentas estatísticas e de IT

Criterios de valoración:

  • Experiencia relevente para o posto (30%)
  • Formación (50%)
  • Entrevista persoal (20%)

A comisión poderá entrevistar a aqueles candidatos que acaden un mínimo de 40 puntos nos outros apartados.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Rebeca P. Díaz Redondo, profesora titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Secretario: Manuel Caeiro Rodríguez, profesor titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Vogal: ana Fernández Vilas, profesora titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 30 de agosto de 2020 ás 21:00 CET