atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, recibe a acreditación de Centro de Investigación do Sistema Universitario de Galicia 2019-2022 a través da resolución do 13 de decembro de 2019 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola que se establecen as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións consolidadas do Sistema Universitario de Galicia.

PO FEDER Galicia 2014-2020 “Unha maneira de facer Europa”

A acreditación, estruturación e mellora de atlanTTic está cofinanciada pola Unión Europa no marco do marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.