O Grupo Sistemas de Radio da Universidade de Vigo desenvolve unha importante actividade de I + D, colaborando con diferentes empresas e organizacións, combinando así a excelencia científica e a transferencia de tecnoloxía ao mercado.Isto é consecuencia da ampla gama de aplicacións de tecnoloxías de comunicación, pero tamén é o resultado das instalacións dispoñibles nos laboratorios, o persoal e a súa ampla experiencia investigadora.
Participa activamente en proxectos de I+D (rexionais, nacionais e europeos). Como exemplo da súa actividade, algúns dos proxectos atópanse resumidos na páxina web.Desde o grupo coordínanse programas de posgrao, colaborando así na formación de novos científicos nunha contorna internacional competitiva.