O grupo centra as súas actividades no campo do procesamento de sinais e mantén liñas de investigación activas nas áreas de tecnoloxías de voz, acústica e procesamento de son, imaxes e vídeo.
O equipo investigador da Universidade de Vigo (UVIGO) ten unha ampla e contrastada experiencia (de máis de vinte anos) nas liñas de investigación de conversión texto-voz (TTS) e recoñecemento automático de voz (ASR) nos idiomas galego e castelán, e na liña de análise e recoñecemento facial (iniciada hai máis de 15 anos). Nestes campos participou nun bo número de proxectos financiados a nivel europeo, nacional e autonómico, ademais de diversos contratos con empresas. Como resultado, este equipo dispón dos seus propios algoritmos e ferramentas software, aspecto que permite a súa adaptación a un novo marco experimental nun prazo breve.