Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI)

O Grupo de Tecnoloxías da Información, integrado en atlantTTic, investiga en tecnoloxías intelixentes en rede, aplicacións avanzadas, análise de datos e intelixencia artificial. Ten unha forte orientación á transferencia tecnolóxica. Ó longo da súa traxectoria colaborou coas principais empresas TIC galegas (Televés, R, Optare, SAEC DATA, Quobis…) e españolas (Telefonica, Indra, Abengoa, Cellnex…). A nivel internacional destacan as súas colaboracións con Nokia e Oulu Smart City.

Ata a data produciu dúas spin-offs, unha das cales (Infinbox) permanece activa no mercado de aplicacións multimedia para contornas hospitalarias. En 2017 foi un dos sete grupos galegos seleccionados para o programa Ignicia de valorización de resultados de I+D. É Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia desde desde as orixes do programa. Da súa man, a Universidade de Vigo foi admitida no consorcio internacional Open Air Interface en Tecnoloxías de rede e forma parte de comité executivo da acción COST Chipset para computación de altas prestacións (HPC) e Big Data. Os seus catorce apps do proxecto Accegal, entre as que destaca PictoDroid Lite, axudan á comunicación de persoas con diversidade e contan na actualidade con preto de 90.000 descargas. Adicionalmente, colaborou coas forzas de seguridade españolas na persecución de delitos na rede. Nese contexto, a súa tecnoloxía de chatterbots foi a base para o desenvolvemento de NegoBot e actualmente utilízase para o desenvolvemento de asistentes virtuais e tutorización en plataformas de aprendizaxe electrónica.

Liñas de Investigación

Redes e servizos multimedia
Redes 5G
Análise de datos e intelixencia artificial
Redes inalámbricas e comunicacións móbiles
Optimización do rendemento das redes
Comunicación home-máquina
Tecnologías de distribución multimedia
Redes de comunicaciones 5G
Análisis de datos
Redes inalámbricas
Aplicaciones avanzadas

Palabras clave: multimedia, 5G, análisis de datos, redes inalámbricas, aplicaciones, comunicacións móbiles, redes heterogéneas, virtualización, PLN, chatterbots, comunicación aumentativa e alternativa, accesibilidade

  • Protocolos para optimización de redes de acceso 5G (arquitectura TSA).
  • Solucións para despregamento e orquestración de operadores virtuais especializados (ex. IoT).
  • Sistemas de comunicación aumentada home-máquina.
  • Solucións para a extensión de aplicacións multimedia a través de distintos terminais (arquitectura UbiSmart).
  • Servizos multimedia intelixentes para redes definidas por software, chatterbots intelixentes para suplantación humana en redes (Negobot).
  • Xeración automática de linguaxe natural, análise de contido e sentimento en textos mediante técnicas de intelixencia artificial.
  • Modelos económicos de redes avanzada.
  • Análise de datos industriais e comerciais a gran escala para sistemas de intelixencia de negocio.
Quen
Tipo Colaboración
King’s College London Aplicación de Sistemas Multiagente e Teoría de Xogos a sistemas normativos.
AGH University of Science and Technology (Cracovia, Polonia) Optimización heurística mediante algoritmos evolutivos.
Iskratel (Eslovenia) Redes intelixentess
Faculty of Electrical Engineering and Computer Science VŠB-TUO (Ostrava, Rep. Checa) Sistemas complexos
Core Network Dynamics (Alemania) Redes 5G
Grupo de redes, Universidad de Oulu (Finlandia) Optimización de redes, redes intelixentes
Universidad de Padova (Padova, Italia) Redes 5G