Congreso Internacional: “Promoción do patrimonio cultural e dos museos no contexto rural”

RurAllure, o proxecto do programa Horizonte Europa coordinado pola Universidade de Vigo, organiza o primeiro Congreso Internacional de “Promoción do patrimonio cultural e dos museos no contexto rural”, que terá lugar do 8 ao 10 de setembro de 2021 en Vila do Conde (Portugal).

O congreso ten como obxectivo incrementar a utilización das tecnoloxías da información actuais, co fin de incrementar a simbiose entre o territorio e os viaxeiros que anualmente o cruzan, tanto no cumprimento das rutas de peregrinación europeas, como na libre circulación a través de rutas de verdadeiro descubrimento, potenciando así unha experiencia diferenciable dos lugares, do patrimonio e, en particular, do patrimonio literario e artístico.

O evento contará coa participación de multitude de representantes do ámbito académico e cultural, como Jordi Tresseras, Lúcia Rosas, Carolina Sousa, Mariana Cardoso da Silva, José María Lucas Tobajas, Laura Castro, Fátima Vieira, Aurora Pedro Pinto, Rute Mendes, Antón Lopo, Adelaide Galhardo, Manuela Ribeiro, Mauro Munhoz, Suianni Macedo e Eliane Robert Moraes. Os días 8 e 9 o Teatro Municipal de Vila do Conde acollerá diversas charlas, debates e unha mesa redonda, e o día 10 ofrecerase unha visita guiada.

Paralelamente, tamén se levará a cabo a primeira reunión xeral de rurAllure (Annual General Meeting) na cal se reunirán todos os membros do consorcio do proxecto, que botou a andar o pasado mes de xaneiro de 2021.

O programa completo pódese consultar na seguinte ligazón: rurAllure.eu.