Máster en Enxeñaría de Telecomunicación
O Máster en Enxeñaría de Telecomunicación ocúpase das tecnoloxías que sustentan a sociedade da información e as comunicacións. Serás enxeñeiro ou enxeñeira de telecomunicación, unha profesión de prestixio entre as máis demandadas polas empresas. Terás unha formación moderna cunha visión práctica e adaptada aos requirimentos europeos.
Máster en Ciberseguridade

O Máster Interuniversitario en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e extensa neste eido, dende os fundamentos ás aplicacións, dende os mecanismos á lexislación, e dende os conceptos aos problemas reais das empresas.