
O centro atópase inmerso no desenvolvemento e xestión de diferentes programas orientados á formación do profesional investigador ó longo das distintas etapas. Desde a formación predoutoral en tecnoloxías de vangarda ata o apoio noutros países á formación universitaria de profesorado e alumnado.
Na actualidade están a levarse a cabo distintos proxectos nesta liña, todos eles a nivel internacional. A preocupación do centro por formar persoal investigador excelente é un obxectivo clave no camiño de obter unha investigación tamén excelente.

O Doutoramento Europeo en Tecnoloxía de Fabricación PIC de fosfuro de indio – EDIFY é unha Rede Europea de Formación Innovadora (European Innovative Training Network) financiada pola Unión Europea que involucra á Universidade de Vigo (España) como socio académico e a SMART Photonics (Países Baixos) como socio industiral.
A través dos seus proxectos de investigación individuais, EDIFY proporcionará formación a novos investigadores e investigadoras no campo emerxente da fotónica integrada combinada cun programa de capacitación multidisciplinar impartido por persoas expertas do mundo académico e da industria, coa finalidade de que o pèrsoal investigador obteña os coñecementos e habilidades para establecer novas axendas que informen das direccións futuras da fotónica integrada en InP, agora que é cando o sector se enfronta a unha necesidade cada vez maior de profesionais científicos ben capacitados para abordar o desenvolvemento do PIC InP de alto rendemento.
As persoas participantes serán inscritas, despois dunha formación específica relacionada coa física e a fotónica integrada, nun extenso programa de investigación de 30 meses en SMART Photonics. Durante esta estancia, participarán en catro proxectos diferentes de investigación de fotónica integrada de alto nivel.

Quantum Communications for ALL (QCALL) é unha Rede Europea de Formación Innovadora (European Innovative Training Network) que se esforza por tomar as medidas necesarias para achegar o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas aos usuarios finais. QCALL capacitará a un núcleo de 15 investigadores e investigadoras doutorais nesta área para proporcionar comunicacións seguras no continente europeo e, a longo prazo, ás súas conexións en todo o mundo. Bota unha ollada aos nosos paquetes de traballo de investigación e actividades de capacitación en forma de escolas e talleres para atopar máis información sobre o alcance do proxecto.

O proxecto ten como obxectivo fortalecer as capacidades de educación superior mediante o establecemento dunha plataforma común e unificada de tecnoloxías SPOC e MOOC. Os actores deste proxecto aproveitan as experiencias exitosas e sacan proveito das boas prácticas. Ademais, beneficiaranse das plataformas de cursos en liña que xa levan a cabo con éxito a nivel nacional e internacional en Europa.
O obxectivos xerais son:
- Apoiar a adopción dun enfoque de aprendizaxe combinada co uso de novas prácticas de ensino: liñas abertas e masivas (MOOC) e liña privada para grupos pequenos (SPOC).
- Apoio ás universidades públicas e privadas no proceso de deseño e desenvolvemento de materiais de ensino.
- Equipar ás universidades públicas e privadas, facendo fincapé nas mulleres marroquís cunha plataforma SPOC común e unificada e cursos MOOC.
- Contribuír á apertura das universidades públicas e privadas marroquís ao mundo socioeconómico movéndose cara a un modelo de formación en liña aberto a todos e “on-demand”.