
Un dos obxectivos de atlanTTic é a transferencia tecnolóxica ao tecido industrial. Unha das probas do compromiso con esta finalidade é o número de Proxectos Ignicia financiados pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) que apoian aqueles proxectos con tecnoloxías susceptibles de chegar ao mercado.

RadioUAV xorde da aplicación da ampla experiencia da Universidade de Vigo e a Universidade de Oviedo no desenvolvemento de sistemas e métodos de radiofrecuencia para a medición de antenas e imaxes de radar, xunto cos avances tecnolóxicos asociados con drons, mellorando os sistemas de posicionamento e xeorreferenciación.
Permitirá desenvolver sistemas para medicións e inspeccións non destrutivas baseadas en sensores de radiofrecuencia a bordo de vehículos aéreos non tripulados (UAV). O uso destes sensores permitirá detectar fenómenos que non podemos ver cos nosos propios ollos nin coas cámaras colocadas xeralmente en drons.

AidFork é un proxecto que ten como obxectivo desenvolver un kit de ferramentas forenses automáticas que permitan analizar contidos multimedia (imaxes e vídeos) coa finalidade de verificar a súa integridade e autenticidade. Estes algoritmos baséanse na análise estatística de artefactos visualmente imperceptibles que poidan revelar trazas de falsificación ou información temporal relativa ao momento da captura do vídeo.
A través de AidFork búscase comercializar dous produtos de análise forense: Fawrensian, para a detección automática de manipulacións en imaxes dixitais e Vidinger, para determinar o instante exacto dunha gravación de vídeo a partir das variacións da luz.

Outra das fórmulas da transferencia tecnolóxica ao tecido industrial é a creación de spin-offs, especialmente nun eido como o das Tecnoloxías de Telecomunicación onde a conexión entre a investigación e o mercado é obrigada. Nos últimos anos téñense creado as seguintes spin-off.

Esta tecnoloxía habilita novos modelos de negocio para aplicacións profesionais e de usuario. Trátase dunha tecnoloxía que permite interactuar, a través de pantallas e periféricos de sobremesa, con aplicacións de usuario residentes en teléfonos móbiles persoais.

O seu equipo, con máis dunha década de experiencia no desenvolvemento de tecnoloxía espacial, foron pioneiros do New Space, lanzando ao espazo o primeiro nanosatélite español en 2012.
Alén Space pon ao alcance os servizos de nanosatélites con solucións integrais que abarcan a consultaría, deseño, fabricación e operación de pequenos satélites.

A actividade de CAT&D pódese resumir como a comercialización de servizos de avaliación de risco, individualizado e/ou poboacional, cardiovascular, metabólico e renal, así como a identificación precoz de complicacións hipertensivas en embarazo, a través dun software propio a partir de parámetros prognósticos derivados da medida ambulatoria da presión arterial (MAPA).
Isto compleméntase cunha carteira de servizos entre os que se contan a formación asociada, a asesoría en creación e xestión de unidades de MAPA, o deseño experimental e estudos particularizados, a xestión e análise de datos e a elaboración de informes.

Compañía dedicada ao desenvolvemento de servizos e soluciones TIC para hospitais, tanto para pacientes como para profesionais do sector. Posuímos tecnoloxía propia avanzada para solucións de entretemento, compartición e visualización de información médica, despregamento escalable na nube e aplicacións en mobilidade.

A compañía desenvolve solucións de software, firmware e electrónica de vangarda para a industria, con énfase en visión por computador, intelixencia artificial, optimización e automatización.

Ofrecen unha medición fiable dos hábitos dos seus clientes mediante o seu software de medición de audiencia automático que realiza o reconto de persoas, a atención, a emoción e a estimación demográfica.