Universidade de Vigo

JNIC 2023 amplía o prazo de presentación de contribucións científicas en ciberseguridade

As Jornadas de Investigación en Ciberseguridade JNIC 2023, que terán lugar en Vigo do 21 ao 23 de xuño, veñen de ampliar o prazo do Call for Papers ata o día 16 de abril. Aceptarase a presentación de contribucións relevantes e recentes, en inglés e castelán, en todos os campos relacionados coa ciberseguridade e as súas aplicacións, en tres tracks: investigación en ciberseguridade, transferencia e formación.

Call for Flags

O Call For Flags vai orientado á creación de retos de ciberseguridade. O obxectivo deste CTF (Capture The Flag) en ciberseguridade é o de mellorar as habilidades e avaliar o coñecemento en  en ciberseguridade. Esta convocatoria está aberta a docentes, estudantes e profesionais para que poidan crear os seus propios retos, unha contribución que debe estar adaptada ao formato proposto. As disciplinas das que deben formar parte os retos son: Enxeñaría inversa; Exploiting; Análise Forense; Hacking web; Criptografía e esteganografía.

Queres asistir como público?

O vindeiro día 10 de abril abre o prazo de inscricións para asistir ao evento. As xornadas serven de escaparate dos últimos avances científicos na materia e materializa un foro de debate no que presentar perspectivas e enfoques innovadores en ciberseguridade, posibilitando a conexión entre a acción investigadora e innovadora e o desenvolvemento de productos e servizos de valor para a sociedade.