ATL3022. Programador/a para arquitecturas virtualizadas 5G Edge Computing

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/06/2022
Data prevista de remate: 3 meses, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 2.083 € bruto/mes
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Universidade de Vigo

Referencia do proxecto: Valorización do proxecto AIM sobre iOe intelixente (VAIMos) (PDC2021-121335-C21/ AEI/ 10.13039/501100011033)

Funcións do posto de traballo

  • Deseño e investigación de solucións para provisión de aplicacións de Edge Computing nunha contorna de servizos intelixentes.
  • Xestión de proxecto.

Requisitos

  • Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, Enxeñaría de Telecomunicación ou similar.
  • Manexo fluído en inglés, castelán e galego.
  • Experiencia na instalación e uso de plataformas avanzadas de arquitecturas de servizo e no desenvolvemento de aplicación en redes avanzadas.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (30%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (30%).

A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidente: Francisco Javier González Castaño.
  • Secretario: Felipe Gil Castiñeira.
  • Vogal: Pedro Salvador Rodríguez Hernández.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ó enderezo personal@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles desde a publicación da lista provisional de candidaturas seleccionadas.

Data límite de recepción de candidaturas: 4 de maio de 2022 ás 21:00 CET

ATL3022 – Galego

ATL3022 – Castellano

ATL3022 – English

Resolución

Listaxe definitiva de candidaturas admitidas e excluídas/ Listado definitivo de candidaturas admitidas y excluidas

Proposta definitiva de adxudicación / Propuesta definitiva de adjudicación / Final selection proposal