ATL3522. Investigador/a Proxecto FACENDO 4.0

(*) Esta oferta de traballo pertence ao proxecto FACENDO 4.0 que xestiona atlanTTic. Este proxecto ten algúns paquetes de traballo desenvolvidos por persoas que non son membros de atlanTTic. Polo tanto, atlanTTic só é responsable da publicación da oferta de traballo e dos procesos administrativos correspondentes. Calquera outra responsabilidade relacionada con esta oferta de traballo correrá a cargo do grupo de investigación ofertante.
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Temporal
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 11/07/2022
Duración: 31/10/2022, con posibilidade de prorroga
Remuneración: 1.700 € brutos/mes
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo

Funcións do posto:

A persoa candidata traballará no proxecto FACENDO 4.0 do Programa ’Fábrica do Futuro, Fábrica Intelixente e Sostible da Industria 4.0‘ da Axencia Galega de Innovación, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0_captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Desenvolverá as seguintes tarefas:

  • Desenvolvemento e posta a punto de una unidade demostrador para o programa do proxecto.
  • Apoio a campaña de medidas: análise de datos.
  • Informará de maneira directa a o responsable do proxecto de acordo co programa de traballo e participará de maneira activa na xestión técnica do proxecto para tomar as decisións axeitadas ó desenvolvemento do mesmo.

Requisitos:

  • Grao en Enxeñaría Eléctrica, Electrónica Industrial e Automática ou Enerxía ou Máster en Enxeñaría Industrial.
  • Experiencia en programación en entorno Matlab.
  • Experiencia en programación e deseño hardware con dispositivos de baixo custo (Arduino…).
  • Coñecementos en sistemas eléctricos.

Criterios de avaliación:

  • Experiencia nos aspectos indicados en requisitos (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

O comité poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que ningunha persoa candidata cumpra os requisitos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación:

  • Presidente: Camilo Carrillo González.
  • Secretario: Eloy Díaz Dorado.
  • Vogal: Enrique Casarejos Ruiz.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección personal@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles desde a publicación da lista provisional de candidaturas admitidas e excluídas.

Data límite de recepción de candidaturas: 14 de xuño de 2022 ás 21:00 CET.

ATL3522 – Galego

ATL3522 – Castellano

ATL3522 – English

Resolución:

Listado provisional de candidaturas admitidas e excluídas / Listado provisional de candidaturas admitidas y excluidas / Provisional list of admitted and excluded

Listado definitivo de candidaturas admitidas e excluídas / Listado definitivo de candidaturas admitidas y excluidas / Final list of admitted and excluded

Proposta definitiva de adxudicación / Propuesta definitiva de adjudicación / Final selection proposal