ATL3622. Investigador/a proxecto COPERIA

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Temporal
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 01/07/2022
Data prevista de remate: 30/04/2023
Remuneración: 1.900 € Bruto/mes
Lugar de traballo: Escola Superior de Enxeñaría informática, Ourense

Referencia do proxecto: COPERIA – Desenvolvemento e validación clínica dunha plataforma multidisciplinar, integral e baseada en Intelixencia Artificial para o diagnóstico, empoderamento, rehabilitación personalizada, e xestión clínica de doentes afectados por COVID Persistente (IN852D 2021/20 – DOG). Axuda financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Funcións do posto de traballo

A persoa seleccionada traballará no Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2), no marco do proxecto COPERIA (Programa CONECTA COVID para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19).

  • A súa función principal será colaborar no desenvolvemento de algoritmos que, empregando información de frecuencia cardíaca, contribúan á detección e seguimento de pacientes con COVID persistente.
  • Colaborará tamén en outras tarefas propias do proxecto, como integración de aplicacións, documentación e validación do sistema, elaboración de informes, etc.

Requisitos

  • Formación: Grao ou Máster (preferible) nunha titulación con moita carga de programación e procesamento de sinais (Enxeñaría Informática ou de Telecomunicación, Física, Matemáticas, Ciencia de Datos).
  • Coñecemento do entorno de cálculo científico R.
  • Coñecementos de Java.
  • Coñecementos de inglés a nivel B2.
  • Coñecementos de castelán e galego.
  • Coñecemento de técnicas de clasificación estatística e aprendizaxe máquina.
  • Experiencia previa en traballo en equipo e proxectos colaborativos.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

O comité de avaliación poderá convocar os candidatos e candidatas coa máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que este comité considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidente: Xosé Antón Vila Sobrino, Profesor titular do departamento de Informática da Universidade de Vigo.
  • Secretaria: María José Lado Touriño, Profesora titular do departamento de Informática da Universidade de Vigo.
  • Vogal: Arturo José Méndez Penín, Profesor titular do departamento de Informática da Universidade de Vigo.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV o enderezo personal@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe. Establecerase un prazo de reclamación de tres días hábiles desde a publicación da lista provisional de candidaturas admitidas e excluídas.

Data límite de recepción de candidaturas: 23 de xuño de 2022 ás 21:00 CET

ATL3622 – Galego

ATL3622 – Castellano

ATL3622 – English

Resolución

Listado provisional de candidaturas admitidas e excluídas / Listado provisional de candidaturas admitidas y excluidas / Provisional list of admitted and excluded

Listado definitivo de candidaturas admitidas e excluídas / Listado definitivo de candidaturas admitidas y excluidas / Final list of admitted and excluded

Proposta definitiva de adxudicación / Propuesta definitiva de adjudicación / Final selection proposal