O European Heart Journal, revista de maior impacto mundial no mundo da cardioloxía, publicou este mércores un artigo cos últimos resultados do proxecto Hygia, o maior estudo realizado ata a data a nivel internacional sobre cronoterapia e no que se confirma un feito que levan xa varios anos difundindo os investigadores do Grupo de Laboratorio de Bioingeniería y Cronobiología.

O obxectivo da investigación, na que están implicados 40 centros de atención primaria e 292 doutores e doutoras do Servizo Galego de Saúde, era analizar o efecto que ten o intre do día no que as persoas toman os seus medicamentos antihipertensivos sobre o risco de problemas cardiovasculares e os resultados, que agora se fan públicos, non deixan lugar a dúbidas: os pacientes que tomaban a medicación antes de durmir tiñan preto da metade do risco (unha redución do 45%) de morte por un ataque ao corazón, un infarto de miocardio, un derrame cerebral ou unha insuficiencia cardíaca ou que requira dun procedemento para desbloquear arterias estreitas (revascularización coronaria), en comparación con aqueles pacientes que tomaban a medicación no momento de erguerse.

criptografía

 

Fonte: DUVI